PONTEVEDRA. A primeira fin de semana de peñas péchase sen grandes incidentes. As rúas e prazas do centro da cidade enchéronse de mozos e mozas pero con moita menos afluencia que outros anos. En total, recolléronse 10 toneladas de lixo e soamente dous persoas foron trasladadas ao Hospital Montecelo por intoxicación etílica.
Os mozos e mozas da cidade celebraron esta fin de semana a súa tradicional festa de peñas. Unha celebración que este ano acolleu a moita menos xente que nas edicións pasadas, o que provocou que non se incrementase o operativo especial de tráfico. Durante a noite do sábado, a ambulancia da Praza de España que estaba dando servizo entre ás 18h e ás 02h atendeu a 2 persoas por cortes e feridas. Outras 2 foron trasladadas ao Hospital Montecelo por intoxicación etílica. Outro rapaz foi denunciado por ruídos ante o Concello por ir pola rúa cun altofalante e por desobediencia ante a Subdelegación do Goberno. En canto o lixo, o sábado recolléronse 8 toneladas e o domingo outras 2.
Os hostaleiros foron a cara b destas festas. Por motivos de seguridade moitos locais da zona de Santa María optaron por pechar os seus establecementos durante a celebración das peñas. Un feito que non sorprendeu ao Concello.
Como ven sendo habitual dende hai anos, o Concello manifestou esta mañá o seu apoio a estas festas. Carme da Silva cre que os mozos teñen dereito a celebrar as peñas nos espazos públicos da cidade e asegura que este feito non é incompatible coa actividade hostaleira.
Dende o Concello informaron tamén que durante a xornada do sábado, todos os controis de alcohol e drogas que se practicaron foron negativas. Algo que demostra, segundo o goberno municipal, a responsabilidade e seriedade da xuventude pontevedresa.

Unhas peñas máis tranquilas do habitual incidentes criticos evaluacion de desempeño | |
Likes | Dislikes |
24 views views | 1.39K followers |
Entertainment | Upload TimePublished on 5 Aug 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét