PONTEVEDRA. Co verán chegan as actividades organizadas polo Local de Música de Pontevedra. Unha ampla programación que busca profesionalizar aos grupos musicais da cidade. Ademais, este ano, o fan cun logo e cunha páxina web completamente renovados.
As Festas da Peregrina, O Son da Serea e o Serán de Tralla. Esas son as tres grandes propostas do Local de Música de Pontevedra para este verán. Tres citas que buscan dar a coñecer aos grupos da cidade.
Ademais das Peregrinas, onde actuará o grupo Fondo Norte, e o o Son da Serea que se celebrará o 29 e 30 de xullo con grupos como Liberad al Kraken, Cubo Metálico ou Jacobo Sainz, a primeira cita deste ano e o Serán de Tralla. O evento, que se levará a cabo este sábado no skatepark de mollabao preténdese unificar o deporte e a música. Nel, estarán grupos como Daquela, Deliria Drama ou Proceso Norte. Por outra banda e, como novidade este ano, o Local de Música estrea logo e páxina web, a cal permitirá abrir itinerarios formativos e na cal estará integrada a programación de Cabos Soltos.
Coa nova imaxe lista, coa páxina web localdemusica.gal dispoñible e cunha programación tan completa, agora soamente queda vivir o verán rodeados da mellor música feita en Pontevedra.

Pontevedra, unha cidade que respira música pontevedra españa | |
Likes | Dislikes |
17 views views | 1.39K followers |
Entertainment | Upload TimePublished on 25 Jun 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét