PONTEVEDRA. Continúa a campaña electoral. O Partido Popular comprometeuse hoxe a aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal se consegue gañar ás eleccións municipais. O candidato á alcaldía está convencido da importancia de elaborar un novo PXOM adaptado ás necesidades de Pontevedra.
O Partido Popular continúa achegando as súas propostas aos veciños de Pontevedra. Nesta quinta xornada de campaña electoral, o candidato á alcaldía comprometeuse a aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal no seu primeiro mandato. Rafa Domínguez está convencido de que a creación dun novo PXOM permitiría asentar as bases para poder construír un parque empresarial.
Esta foi soamente unha das propostas que os populares quixeron achegar esta mañá aos veciños. Rafa Domínguez mostrouse moi satisfeito coa acollida que está recibindo o seu programa electoral na cidade.
O principal obxectivo dos populares é crear máis postos de traballo en Pontevedra e o candidato popular á alcaldía cre que a elaboración dun novo Plan Xeral determinaría os espazos de solo empresarial da cidade e isto ofrecería máis oportunidades de futuro aos pontevedreses.

O Partido Popular quere elaborar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal partido popular puerto rico | |
Likes | Dislikes |
9 views views | 1.39K followers |
Entertainment | Upload TimePublished on 14 May 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét