PONTEVEDRA. Miguel Anxo Fernández Lores foi investido, por sexta vez consecutiva, como alcalde de Pontevedra. Lores mostrouse ilusionado e convencido de que este será un novo ciclo para a cidade, no que terá que gobernar co apoio dos socialistas.
Miguel Anxo Fernández Lores é, como era de esperar, o novo alcalde de Pontevedra. O Pleno de Investidura desenvolveuse sen moitas sorpresas. Co acordo de goberno entre o BNG e o PSOE e, sen ningunha outra candidatura presentada, Lores recibiu o bastón do mando por sexta vez consecutiva.
Tino Fernández mostrouse convencido de que os pontevedreses queren que a cidade siga avanzando polo camiño trazado hai dúas décadas. Un camiño no que o PSOE tivo moito que ver.
Os dous partidos da oposición recoñeceron o traballo de Lores en Pontevedra pero advertiron que seguirán traballando sen descanso.
No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen quixo dar publicamente o seu recoñecemento ao traballo de Lores en Pontevedra.
Pero se algo nos deixa este pleno de Investidura son anécdotas. A máis destacada a protagonizou ela, Pilar Comesaña. A concelleira nacionalista equivocouse e votou en branco, así que finalmente, Lores foi investido con 14 votos a favor, 9 en contra e 2 en branco.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, por sexta vez consecutiva bngi | |
Likes | Dislikes |
86 views views | 1.39K followers |
Entertainment | Upload TimePublished on 17 Jun 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét